top of page

10ª Edición

VIAXE FIN DE CURSO 2025

Escomenzamos de novo a preparar a viaxe de Fin de Curso para este ano 2025, que nesta 10ª edición vai a levarnos a FRANCIA e INGLATERRA. En Francia visitaremos París, Calais, Dunkerque, e tamén aproveitaremos para pasar un día no Parque de Atraccións FUTUROSCOPE; asimesmo cruzaremos en barco o Canal da Mancha para cruzar a Inglaterra, onde visitaremos as ciudades de  Dover  e Canterbury.

Temos en principio pensado sair o día 1 de XULLO, e para a volta as nosas previsións son estar de volta o día 7 de XULLO.  Evidentemente, todo esto se concretará en próximas reunións.

A idade mínima para ir á viaxe é de 10 anos (cumplidos antes da viaxe ou que os cumpla antes do 31 de decembro), polo que se estás interesado na viaxe e en recibir máis información sobre ésta, deberás de pinchar no enlace que está ao fondo e cubrir o formulario.

Aparte do alumnado de Escola de Música tamén poderán participar na viaxe outras persoas vinculadas co funcionamento habitual da Escola (COLABORADOR@S), EX-ALUMN@S, ou aquelas que sexan "invitadas" por calqueira membro dos grupos anteriores. Con todo, a orde de prioridade para a elaboración da listaxe da viaxe será: en primeiro lugar o ALUMNADO matriculado no Centro no curso 2024/2025, COLABORADOR@S, EX-ALUMN@S e os INVITAD@S. En caso de máis oferta que demanda, a orde de inclusión na viaxe farase tendo en conta a orde de chegada das solicitudes e a onde de prioridade.

 

Para formalizar o proceso de inscrición deberá de premerse o seguite enlace e seguir as instruccións.

Futuroscope.jpeg
canterbury 3.jpeg
TORRE EIFFEL.jpeg

CANTERBURY

PARÍS

Dover 2_edited_edited_edited.png
dunkerque.jpg

DUNKERQUE

Calais_edited.jpg

Parque de atraccións FUTUROSCOPE

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS

CONTACTO

      988246620

       668802141

       esmu.municipal.barbadas@edu.xunta.gal

DIRECCIÓN

        Rúa do Ensino, s/n

        32002 A Valenzá 

        Barbadás - Ourense

  • Facebook icono social
  • Twitter
  • Instagram

© 2024 Escola de Música Municipal de Barbadás

bottom of page